domingo, 21 de xaneiro de 2018

Mortadelo e Filemón celebran o seu 60 aniversario

Tal día coma onte, hai 60 anos (20/01/1958),  aparecía publicada no número 1394 da revista "Pulgarcito" a primeira historieta protagonizada por dous aprendices de espías bastante torpes : Mortadelo e Filemón. O seu creador, Francisco Ibáñez, concebiunos coma unha parodia de Sherlock Holmes e o Dr. Watson e coma un reflexo das películas de Charles Chaplin e Harold Lloyd.
Tiveron tanto éxito que non tardaron en protagonizar a súa propia revista e foron aparecendo novos personaxes: o profesor Bacterio, a señorita Ofelia, ou o Super.
Durante estes anos os dous axentes levan protagonizado máis de 200 álbumes, varias películas, e portadas de revistas,  e as súas absurdas aventuras chegaron a países como Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Holanda, Turquía, Brasil ou Dinamarca....
Os dous axentes foron "trending Topic" en Twitter durante o día do seu aniversario. Entre as felicitacións atopamos moitos parabéns para o seu creador.
  Ao longo deste ano 2018, a editorial recuperará varios volumes antigos  e publicará varias novidades, entre elas o Especial Mundial 2018, que levará aos dous axentes ao páis anfitrión, Rusia.

Xa sabedes que se vos pasades pola Biblio atoparedes moitos libros destes xenios do HUMOR con maiúsculas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario