luns, 28 de novembro de 2011

Regáloche un conto

Para celebrar o Día de Biblioteca fixemos unha actividade que, debido ao éxito que tivo entre @s cativ@s, trataremos de repetir máis veces: PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS.
Os alumn@s leron aos seus "afillad@s" doutros cursos contos que eles mesm@s seleccionaron e cuia lectura prepararon previamente.
Trátase dunha iniciativa que disfrutamos tod@s porque aos nen@s gústalles ler e gústalles que lles lean.
Resultounos moi difícil elixir so unha imaxe. Aquí vos deixamos algunhas. Elixide a vosa!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

Non cho digo... cántocho: VEN A LER!!

Hai mellor forma de animar a alguén que cunha  canción?
A profe de música e os nenos e nenas de 5º e 6º inventaron a letra desta  para animar a todos a vir a Biblio a facerme unha visita.
A música é da canción de Status Quo "Whatever you want"


Que vos parece? A mín encántame!!

venres, 25 de novembro de 2011

Ata pronto, Gerónimo!!!


    Ola, amig@s .
Que emoción!!!
 Acabo de chegar á casa despois de estar con Gerónimo.
 Había unha ringleira morrocotuda  de nenos e nenas... Todos querían facer unha foto con él.
  E él... asinando libros como unha máquina! ... Pero fixo un descanso para ir comigo a tomar un bocadillo de queixo de tetilla galega . Encantoulle!!!
Foise moi contento do cariño co que o recibimos tod@s @s seus ourenseguidor@s.

Esperamos verte pronto, Gerónimo!!!

GERÓNIMO STILTON EN OURENSE

  Querid@s amig@s roedor@s,
              
¡Por mil ratas voadoras! (Como diría o meu amigo Stilton)
Acabo de enterarme dunha noticia : 
Gerónimo Stilton decidiu visitar Ourense o día 25 de Novembro, (é dicir, hoxe). Asinará a todos os Ratosoci@s que vaian a velo, os exemplares preferidos dos seus libros. 
¡Será unha experiencia superratónica! ¿Será tan divertido como contarlle os buratos a unha loncha de  queixo gruyère?
Se queredes  verlle os bigotes, apuntade ben as coordenadas para poder atopalo.





domingo, 20 de novembro de 2011

Tempo de Castañas


 Este é un dos castiñeiros que temos  no cole. Aínda é pequeno, pero observaremos como vai medrando e como cambia de aspecto ao longo do ano.
Agora xa empeza a amosar as cores de outono: as súas follas comezan a porse amarelas e pardas.

Na seguinte presentación poderás coñecer moitos datos sobre os castiñeiros e as castañas. Despois, podes responder as preguntas do test que hai a continuación.


View more presentations from Efren_esquio.

Tamén podes obter mais información  neste video do programa "El escarabajo verde" de TVE rodado en Galicia .  
http://www.rtve.es/television/20101221/escarabajo-verde-punado-castanas/388813.shtml


Test

Despois de ler TEMPO DE CASTAÑAS, és quen de responder estas preguntiñas?

Cantigas de outono

Coñeces estas cantigas? Pois... A ver como cantas!
View more presentations from Efren_esquio.

sábado, 19 de novembro de 2011

Adiviña, adiviñador

Estas adiviñas foron recollidas polas alumnas e alumnos de 3º Ciclo. 
A ver cantas podedes resolver.


E

venres, 4 de novembro de 2011

Clube de LE-ons

Estas son as tres primeiras  super-LE-oas
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free slideshow

MOCHILAS VIAXEIRAS



                     ¡POR FIN! 
Hoxe comezan a súa andaina as mochilas viaxeiras.
Espero que as disfrutedes tanto como en anos anteriores.

mércores, 2 de novembro de 2011

AS VIAXES DE EFRÉN

Que vos parece si ledes o meu primeiro libro? Titúlase "As miñas viaxes" e nel poderedes coñecer tamén a algúns dos meus amigos e amigas.
Lede, lede... e xa me diredes que vos parece...
(picade no título)


"As miñas viaxes"