sábado, 28 de abril de 2012

A nosa homenaxe aos libros


Dende a súa  primeira aparición, houbo persoas que consideraron ao libro como algo mais que "unha obra impresa ou manuscrita nunha serie de follas de papel ou pergamino ou outro material, encuadernadas e protexidas cunhas tapas" . 
 Borges, que tanto ten escrito sobre os libros e a lectura, di: “De todos los instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones del brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y la imaginación”
É dicir,  a maioría dos instrumentos que empregamos prolongan o noso corpo, pero o libro prolonga o espíritu, e iso fai que sexa especialmente importante.


Teño un amigo "informático" que dí  "Estou seguro que si o libro se tivese inventado despois das computadoras, todo o mundo o consideraría un gran progreso" . E ten razón: o libro é algo moi ben pensado, pois o seu motor non é calquera mecanismo, senón a nosa propia atención.


En moitas vilas e cidades de Galicia, España, Europa, ... consideran que os libros son tan importantes na nosas vidas que non desexan  que estean só nas bibliotecas... 
Debe ser por iso que queren telos presentes nas rúas, nas prazas, nos parques... ata hai un pobo que ¿adiviñades como se chama?


Dende a Biblio tamén queremos rendir a nosa pequena homenaxe  a ese obxecto precioso e necesario, a ese algo que nos serve de decoración, de compaña ... de vicio...


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow

xoves, 26 de abril de 2012

Os libros, pola noite...

Que credes que fan os libros pola noite?
Durmir?... Soñar?... Xogar ás agachadas?...
Mirade estes videos e descubrirédelo...
Chegan ata nós dende Toronto, Canadá. O primeiro foi grabado na casa de dous amantes dos libros: Sean Ohlenkamp e a súa dona:




E este outro grabárono na libraría "Type Bookstore" da súa cidade.  

mércores, 25 de abril de 2012

23 de abril, Día do Libro

"Din que todas as persoas necesitamos as historias,      
tanto coma a auga que bebemos, 
tanto como o pan de cada día.
Que sorte que sexan tan doadas de conseguir!
Só hai que abrir un libro 
e deixarse arrastrar  polo río das palabras,
esas que fan nacer dentro de nós 
outros mundos e outras vidas..."                                                        
                                                                              "Os ríos da vida"
                                                                               AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ-2012

Así comezamos  no cole o Mes dos Libros:
 co noso habitual Mercadiño de Troco de Libros e
compartindo lecturas
Hai unha maneira mellor?

domingo, 22 de abril de 2012

22 de Abril, DIA MUNDIAL DA TERRA

No oceano do universo, sumerxida nun mar de estrelas, está a TERRA.
Non é so un planeta. É o noso fogar.
Bríndanos unha atmosfera de aire puro e limpo...
Regálanos a herba, as flores, as montañas, os ríos...
Danos camiños para recorrer, paisaxes para admirar...
Regálanos a auga... doce, salgada ... xeada...
Pon á nosa disposición os sons da natureza, o canto dos paxaros, o murmurio do río ou o das follas das árbores movidas polo vento...
E nós, como correspondemos ao seu regalo?
A Terra é un organismo vivo, e cada porción, por pequena que sexa, ten conciencia... Por iso, ás veces se rebela contra os nosos ataques...
A terra non é do ser humano. O ser humano é da terra.
Precisa da enerxía de todos nós para recuperar a súa harmonía, porque só si nos sensibilizamos co planeta, poderemos crear un futuro para as xeracións que veñen...

Aquí vos deixo uns vídeos e cancións. FELIZ DIA DA TERRA!!

sábado, 21 de abril de 2012

Navegamos con Simbad o mariñeiro...

Como estaba previsto, e a pesares do mal tempo para navegar, o día 19 Simbad atracou o seu bergantín (ou era unha goleta?)  na nosa escola e invitounos a viaxar con el polos mares dos libros.
Acompañámolo de boa gana, pois ler é unha das nosas afeccións e o seu libro gustounos dabondo.
Francisco Castro, o autor de "Chamádeme Simbad", chegounos ao corazón e deixou a súa pegada na nosa escola... ( tanto, que máis de un ou de dous decidiron que querían ser escritores/as coma el). 
Unha vez mais, GRAZAS!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow

xoves, 12 de abril de 2012

Preparando o mes de maio

Se queredes empezar a traballar sobre VALENTIN  PAZ ANDRADE ,  o autor ao  que se dedica o Día das Letras Galegas este ano, aquí vos deixo unhas ligazóns que vos poden resultar útiles.




 Biografía (1ª parte):  http://www.youtube.com/watch?v=-q13aLrabSs&feature=related
Biografía (2º parte)  http://www.youtube.com/watch?v=pneBH3S82qk&feature=relmfu
Poema http://www.youtube.com/watch?v=eEzTTe-SISA
Obras  http://www.youtube.com/watch?v=sMUw0C_IeVs&feature=relmfu
Telexornal informativo sobre a figura do autor realizado no CPI dos Dices en  Rois : http://www.youtube.com/watch?v=SqHzbANC9tE&feature=relmfu
LIM  feito no Ceip Condesa de Fenosa:
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/lim_letras_2012/valentin_paz_andrade.html
Actividades do Seminario Galan para todos os cursos: http://seminariogalan.org/inicio/portada

Abril, mes dos libros

No noso cole o mes de Abril é o Mes dos Libros. comeza co Dia do Libro Infantil (día 2) e case que remata co Dia Mundial do Libro, o día 23.
Xa sabedes que a Efrén gústalle escribir e para conmemorar estas datas sorprendeunos cun dos seus contos. O  título é "Efren viaxa a mundos lonxanos" e  pasará a formar parte das publicacións de EEE (Efren Esquio Edicións). 
Dende a Biblioteca, desexamos que vos guste.


Open publication - Free publishing - More efren

Tamén vos deixo o Programa de Actividades que, dende a Biblioteca, temos programadas para o mes de abril.
TOD@S estades invitad@s a acompañarnos!!


martes, 10 de abril de 2012

Hora de Ler

"Chamádeme Simbad"
Francisco Castro
Ed. Galaxia
Neste trimestre imos ler o libro "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro.

Prepareivos uns cantos xogos que podedes ir facendo a medida que ides lendo, ou podedes esperar a ter rematado o libro.
 Ánimo, a ver quen de vós obtén unha mellor puntuación!!!

1.- Premede neste enlace para  comprobar o que recordades da historia: http://www.daypo.com/test-chamademe-simbad.html

2.-O avó dí que é "O Capitán dos Sete Mares". A ver si es quen de situar algúns mares do mundo neste mapa:
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/606027/mares_do_mundo.htm

3.-Cando o avó era pequeno, o seu pai tiña unha dorna. Serías capaz de sinalar as partes deste tipo de barca? :
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/606030/a_dorna.htm

4.-Paulo di que o tío Bernardino é "coma un xigante. Coma os da NBA". Sabes o que significan esas siglas? Proba a descifrar siglas e acrónimos neste xogo:
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/606149/chamademe_simbad___acronimos.htm

5.-Na historia aparecen palabras que se poden confundir con outras moi parecidas, Saberías empregalas correctamente?      http://www.daypo.com/chamademe-simbad-1.html

6.- Como andas de vocabulario? Sinala os dous sinónimos das palabras que aparecen neste xogo:
http://www.daypo.com/test-chamademe-simbad-vocabulario.html

7.- Fraseoloxía. Saberías o significado destas frases  que aparecen no libro?
http://www.daypo.com/test-chamademe-simbad-2.html

*Sabedes quen era Simbad o mariñeiro? Podedes ler a súa historia neste enlace:
http://libro-de-cuentos.blogspot.com.es/2011/03/simbad-el-marino.html


domingo, 1 de abril de 2012

Día do Libro infantil

O  día 2 de abril está dedicado ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.  Tamén se conmemora   o nacemento do célebre escritor dinamarqués  Hans Christian Andersen, autor de contos como "A sereíña" , "O parrulo feo, "O traxe novo do emperador", "O soldadiño de chumbo"...e moitos outros que veñen acompañando a infancia de moitos nenos ao longo de moitas xeracions.


Quen foi Hans Christian Andersen?
Na súa autobiografía, titulada " O conto da miña vida", o escritor dinamarqués (1805-1875) di que a súa nai, unha lavandeira, non sabía ler. O seu pai, que era zapateirolíalle moito e Andersen foi devorando todos os libros que lle daba.  Era un neno solitario, que nunca xogaba con outros nenos. Os seus compañeiros e amigos eran os libros.
Andersen tivo unha infancia marcada pola pobreza.  Aos 11 anos de idade, cando seu pai morreu,  tivo que deixar a escola e comezar a traballar no que puido para sobrevivir. Foi axudante de xastre, obreiro nunha fábrica de cigarros, ata que chegou ao teatro. Alí, traballou con títeres, e comezou a bailar e cantar,  destacando  pola súa voz de soprano . Pero coa mocidade, a súa voz cambiou, e Andersen pasou a se dedicar á escritura. Durante este período, escribiu pezas de teatro, poemas, novelas, e con 24 anos, entrou na Universidade de Copenhague, cando  o seu recoñecemento como dramaturgo e poeta, era evidente.


Obras  de Hans  Christian Andersen
Andersen publicou máis de cen historias para nenos. "O Parruliño Feo", "A Pequena Serea" e "As roupas novas do Emperador" están entre os seus contos máis famosos, inspirados  por lendas e crenzas populares da sua Dinamarca nativa. As historias foron traducidas a máis de 80 linguas e transformadas en obras de arte no cinema e no teatro.
Ademais, Andersen publicou tamén pezas de teatro, libros de viaxesnovelas e poemas. A súa morte ocorreu aos 70 anos de idade. El non tiña fillos, pero deu vida a moitos persoaxes que, coas súas incribles historias, ilusionaron a moitos nenos durante moitas xeneracións


A celebración deste día é só unha excusa para recordarnos que a maxia dos libros empeza a formar grandes lectores xa dende a infancia.

Se queres saber máis, preme na seguinte ligazón:  http://oblogdegalix.blogspot.com.es/2012/02/dia-internacional-do-libro-infantil_20.html
E agora, uns contos de Andersen:
+ O parruliño feohttp://www.youtube.com/watch?v=_Sxean7YjiY&feature=related
+ O soldadiño de chumbohttp://www.youtube.com/watch?v=qfUTEs6gnhQ
+ O traxe novo do emperadorhttp://www.youtube.com/watch?v=3QNMsbJtDzI&feature=related