A vida é fermosa e vale a pena vivila pero seguindo unhas normas e principios que nos guíen. Son o que chamamos VALORES.
Por iso é tan importante que ensinemos e orientemos aos nen@s dende ben pequenos para que medren dacordo con estes valores e poidan ser mulleres e homes de éxito.
A educación en valores ten como obxectivo último a formación integral dos cativos, que lles permita acadar valores positivos para eles mesmos e para a sociedade na que se desenvolverán; valores como a responsabilidade, o esforzo persoal, o compañeirismo, a autoestima, a solidariedade ou a tolerancia.
Picade nas ligazóns deste cartaz dixital e atoparedes contos, xogos, videos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario