Este 17 de maio, convertemos o patio do colexio no escenario dunha festa popular galega... con gaiteiros e todo!
( Moitas grazas a Santos, Luis, Eloy e Javier pola vosa inestimable colaboración).
Mágoa que comezara a chover e tiveramos que rematar a festa no salón de actos...!
No medio da romaría houbo cancións, bailes populares e representacións teatrais ... todo para reivindicar o valor da nosa lingua e presumir de escritores que, coma Roberto Vidal Bolaño, contribuíron a elevala, loitando ás veces contra vento e marea.
Un nutrido álbum fotográfico deixou para o recordo a celebración destas Letras Galegas no cole.
Aquí tendes os videos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario