Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques" a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración das súas latas.
Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario