Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.
Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .
Cada clase elixiu a silueta dunha árbore . Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque.
Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema...
O caso era atopar unha poesía que nos gustara ... e escribila na nosa árbore .
Así é como loce o noso bosque da poesía:
Ningún comentario:
Publicar un comentario