Coma todos os anos, celebramos o Día da nosa Biblio con varias actividades. Unha na que aos nen@s máis lles gusta é o apadriñamento lector, ao que nós lle chamamos Regáloche un conto. Como estivo tan bo día, algúns aproveitaron para ler no patio. Outr@s preferiron ler no interior do cole, pero tanto uns coma @s outr@s buscaron o seu libro preferido e achegáronse cos seus "afillados" ao recuncho elixido .
Tamén participamos no Obradoiro de creación de marcapáxinas que organizaron @s profes. Así poderemos ter ao noso propio Efrén acompañándonos mentres lemos.
Día da Biblioteca, 2014 by Slidely Photo Gallery
Ningún comentario:
Publicar un comentario