Credes que pode haber algunha relación entre as Matemáticas e a Poesía?
Ou pensades que os números están reñidos coas letras?
Dende sempre, aos poetas gustoulles xogar cos números. E, ao longo da historia, houbo moitos matemáticos que se dedicaron con gran éxito á literatura.. Basta recordar a Lewis Carrol, o autor de "Alicia no país das maravillas".
Ao fin e o cabo, os poetas teñen que saber medir ben as sílabas dos versos se queren que sexan todos iguais, e contar os versos para atopar a estrofa que andan buscando. Ademais, o ritmo é unha característica común ás dúas disciplinas: as series numéricas ás veces seguen un ritmo fantástico, como o que poden ter as palabras, a música ou a expresión corporal...
Na Biblioteca fixemos unha selección de poemas que teñen relación coas matemáticas :
Ningún comentario:
Publicar un comentario