xoves, 20 de novembro de 2014

Día da infancia

En 1924 asinouse a Declaración de Xenebra, que está considerada a primeira declaración sobre os dereitos dos nenos. É un texto breve, de só 5 artigos, Sinxelo, pero importante. A comunidade internacional percibía que o mundo estaba cambiando rápidamente e que @s nen@s tiñan que ser protexidos e que se lles debía asegurar un futuro digno.

E...xa que estamos co mes das Mates... canto tempo pasou dende aquela?

Pois, si... 90 anos.

35 anos máis tarde, un 20 de novembro (esta vez tendes que adiviñar o ano)  aprobouse a Declaración dos Dereitos d@s Nen@s. Tamén é un texto curto, tan só 10 artigos. Neles recóllense os deberes da sociedade para protexer aos nenos e nenas e os dereitos de est@s a ser protexidos.

Tiveron que pasar outros  30 anos  (xa adiviñastes en que ano foi?)  para que a ONU proclamara a Convención dos Dereitos D@s Nen@s, o texto internacional de protección a infancia máis importante, porque deixa de ser unha mera declaración de intencións e pasa a converterse en ley e tod@s os nen@s do mundo poden buscar amparo nela.

 A ver, xa descubristes cantos anos cumpre?

Acertastes... 25 anos ,  nada menos!

"Motivos non faltan para estar de festa: tres aniversarios  que se teñen que celebrar .
Lástima que a alegría non poida ser completa. 
Cada día morren miles de nenos e nenas que non teñen nome, nin saúde, nin educación... E morren polas guerras, polas enfermidades, pola fame, pola sede, polos maltratos ... 
Miles de nen@s que nunca souberon que eran nen@s e que tiñan que vivir contentos e ser amados.

A realidade non ten que enturbiar a esperanza e o compromiso para seguir traballando en prol dos dereitos d@s nen@s.
Boa festa e feliz aniversario aos nen@s e aos adultos que os queren."

                                                                                                                                                   Xavier Puigdollers Noblom 


Recursos Dereitos do neno


Nesta ligazón atoparedes unha recompilación de  recursos de todo tipo  para conmemorar esta data feita pola profesora Mª Asunción García (picade na imaxe):


mércores, 19 de novembro de 2014

Matemáticas e... Poesía??

Credes que pode haber algunha relación entre as Matemáticas e a Poesía?
Ou pensades que os números están reñidos coas letras?

Dende sempre, aos poetas gustoulles xogar cos números. E, ao longo da historia, houbo moitos matemáticos que se dedicaron con gran éxito á literatura.. Basta recordar a Lewis Carrol, o autor de "Alicia no país das maravillas".

Ao fin e o cabo, os poetas teñen que saber medir ben as sílabas dos versos se queren  que sexan todos iguais, e contar os versos para atopar a estrofa que andan buscando. Ademais, o ritmo é unha característica común ás dúas disciplinas: as series numéricas ás veces seguen un ritmo fantástico, como o  que poden ter as palabras, a música ou a expresión corporal...

Na Biblioteca fixemos unha selección de poemas que teñen relación coas matemáticas :

xoves, 13 de novembro de 2014

Magosto!!


Como di o refraneiro:

Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

A pesares da chuvia que caeu todo o día, o  luns día 10 celebramos o Magosto no cole. 
E, como non podía ser menos, houbo bolos preñados e castañas asadas ... e xogos populares, e cantigas, e tiznado de caras ...

Mirade as fotos da xornada:



E os xogos


Escribimos pareados con palabras referidas a esta tradición tan celebrada ao longo e ancho de Galicia.




Entre tod@s estamos escribindo un conto que vai pasando de clase en clase e que estará rematado un día destes. 


martes, 11 de novembro de 2014

Ciencia e Matemáticas

Despois de tanta festa, imos dedicar o resto do mes á CIENCIA e as MATEMÁTICAS seguindo as recomendacións da Consellería de Educación, que vai impulsar a celebración do mes de novembro como MES da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS .

O científico Angel Carracedo, profesor da USC, investigador e divulgador científico, escribiu o seguinte texto, a modo de Manifesto.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares realizou unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia.

Nós pretendemos relacionar estas dúas disciplinas co noso proxecto anual: A pintura

 Pero tamén queremos que descubrades que, tanto as matemáticas como a ciencia poden ser moi divertidas.
 Picade na imaxe e veredes o que descubrides...




Recordade que na Biblio fixemos unha selección de libros relacionados coa Ciencia e as Matemáticas. Animádevos a participar no xogo que vos propoñemos:



 Estamos agardando as vosas respostas.

Podedes descargar o formulario premendo  AQUI

Abaixo cos muros



Ao longo destes días, nas noticias e nos xornais,  oistes (e oiredes) falar do Muro de Berlín... E de que se cumpren 25 anos da súa caída, a noite do 9 de novembro de 1989. 
Ese día, o mundo deu un paso cara a liberdade.

 Pero... que representaba realmente o Muro de Berlín?
 Por que foi construído?
Caeu el só... ou foi derrubado ?
E... por que foi derrubado?
Por que se converteu nun símbolo de paz e tolerancia en todo o mundo?

Sodes quen de responder estas preguntas?

Para coñecer esta parte da Historia de Europa, ideamos aseguinte  WEBQUEST : "Abaixo cos muros"

sábado, 8 de novembro de 2014

Contos para antes de espertar

"Contos para antes de espertar"  é o título do libro que trouxeron Gema, Iria e Adán, os papás de Gabriel.
Regaláronnos dous contos que nos emocionaron e nos fixeron reflexionar .
"DRATUELO" é un trono que non sinte vergoña por ser como é, diferente aos demais. Aínda que os demáis queiran cambialo, el loitará por ser diferente e lograr a felicidade. Ensinounos  que outra realidade é posible e está baseada na igualdade e o respecto ás diferenzas.
"AS CORES" coas súas diferentes formas de ser, achegáronnos á coeducación , rompendo os mitos do masculino e o feminino, tratando de acabar con ideas e valores que tradicionalmente están asociados ao xénero ainda que non teñen nada que ver con él.
Estas son as fotos que mostran o ben que o pasamos con estes CONTACONTOS con maiúsculas.