Agora si...
Despois de varias semanas de obras, de mover andeis e mesas, de limpar e colocar libros, de pensar e "repensar" ... en nada abriremos de novo a Biblio!!
Como se adoita dicir: "cando unha empresa marcha ben, hai que ampliar..."
E iso é o que ocorre coa nosa biblioteca... que marcha ben, que conta cunha chea de alumn@s incondicionais que a visitan asiduamente e que fan que estea viva e medre día a día.
Precisabamos modificar o espazo físico para conseguir unha maior amplitude, que permitise a mobilidade do alumnado á hora de realizar diferentes actividades curriculares e de animación á lectura.
Para iso, tiramos o tabique da aula contigua e agora dispoñemos dun espazo cunha superficie o dobre de grande, con seccións ben diferenciadas e cómodas de utilizar. Tamén mellorou a disposición e a accesibilidade aos documentos e os espazos para o traballo do alumnado.
E aqui tendes o resultado:
Pronto faremos a inauguración oficial, cunha festa na que celebraremos tamén o MES DOS LIBROS.
A ocasión ben o merece...
Ningún comentario:
Publicar un comentario