Todos os pobos ao longo da historia sentiron unha grande admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, asi como polo fin do inverno e a chegada do bo tempo, cando a maioría das plantas dan froito.
Por esta razón, todos os pobos celebraban festas e ritos encamiñados a celebrar a fin da estación fría, a festexar a aparición dos primeiros froitos e a conseguir unha abundante colleita .
Como sabedes, isto é o que se quere representar coa construcción do MAIO.
E nós non queremos que se esqueza esta antiga tradición..
Por iso, saímos ao monte co "profe Miguel" e collemos xestas, uces e carrabouxos (musgo non, porque non se pode arrincar).
Con todo ese material fixemos o noso maio piramidal, compuxemos as coplas cun chisco de retranca (pero tamén con moito agarimo) como manda a tradición, e levámolo en andas por todas as clases para que @s compañeir@s viran a nosa obra.
O maio by Slidely Slideshow
Escoitade as nosas coplas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario