Así como moitas películas teñen remakes e moitos libros contan cunha versión cinematográfica (ás veces non moi axeitada, por certo), nós non quixemos ser menos e propuxemos aos nenos e nenas que fixeran versións ... nada máis e nada menos que de CADROS FAMOSOS: que nos ofrecesen a súa propia versión de varias obras maestras da arte universal.
Eso si, o único requisito era que colocaran un libro no cadro para que a lectura fora a protagonista do mesmo.
E así @s nos@s artistas deron unha nova interpretación a cadros tan famosos como o "Guernica" de Picasso, "O cabaleiro da man no peito" de O Greco ou "A Gioconda" de Leonardo , representando aos seus protagonistas dedicándose ao pracer da lectura.
Todo é posible nestes cadros que fan da nosa biblioteca un lugar especial.
Presentámosvos as tres salas da nosa Galería de Arte .
<
Ningún comentario:
Publicar un comentario