PÁXINAS
▼
venres, 13 de novembro de 2015
Toma castañas!!
"Morreron as castañas queimadas no lume,
a bota está xa sen folgos e o garrafón non pesa;
máis aínda derredor da cinza na fogueira sen lume
estoupan as risas nas gorxas novas"
(Florentino L. Cuevillas)
E as risas estouparon e as castañas morreron no patio do colexio!
Primeiro, cos xogos que argallou o profe Iván e logo ao redor da fogueira que as mamás da AMPA prenderon con moito agarimo.
O aire levou o recendo das castañas asadas. Os nenos e nenas non faltaron ao seu divertido costume de coller un puño de cinza e tisnar as caras uns a outros ( @s profes tampouco quedaron sen tisnar...)
Entre tizóns, castañas, carreiras e berros, foi transcorrendo unha tarde solleira, en torno ao lume, na que tentamos manter viva unha tradición que se remonta aos tempos da Prehistoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario