Continuando coa tradición xa asentada no colexio de deseñar os disfraces segundo o Proxecto no que estamos traballando, este ano tocoulle ao mundo da banda deseñada.
En cada clase, os nenos e nenas elaboraron as súas vestimentas axudados pol@s profes. Tamén axudaron as mamás, papás ... sobre todo aos máis pequenos.
Outra tradición que queremos manter viva é a das "comedias" que se representaban durante o Entroido en Mugares. Por iso as nenas e nenos de cada clase preparan unha representación ( teatro, baile, canción ...) que escenifican diante das familias que veñen a disfrutar da festa.
E. Infantil: Os Bolechas
1º EP: A eiruga Giotto
2º EP : Super Patata
3º EP: Os Superheroes
4º de EP : Os castrexos de Toenius
5º e 6º de EP: Os Simpson
Ningún comentario:
Publicar un comentario