Dende un punto de vista biolóxico, os bosques cobren o 31% da superficie terrestre e son os ecosistemas máis diversos. Albergan máis do 80% das especies vexetais e animais e xogan un papel moi importante na nosa loita por adaptarnos ao cambio climático, xa que contribúen a manter o equilibrio nos niveis de osíxeno, dióxido de carbono e humidade na atmosfera.
Por outro lado, dende a perspectiva humana, as árbores proporcionannos traballo, refuxio, combustible e medicinas . Ao redor de 1600 millóns de persoas dependen dos bosques para o seu sustento e tamén contribúen ao coñecemento científico e a exploración artística.
Pero a deforestación continúa a un ritmo de 13 millóns de hectáreas por ano e é responsable dunha grande porcentaxe das emisións de gases que proiducen o efecto invernadoiro e contribúen ao quecemento global.
Os bosques son vida.
Son os pulmóns do planeta ademáis de seren o fogar de centos de especies animais e vexetais. Ademais, son vitais para o noso suministro de auga porque inflúen en como e onde chove e lavan e filtran a nosa auga.
Ao protexer os bosques do mundo, estamos protexendo a auga limpa da que dependemos para a nosa supervivencia.
Por iso, no Día Internacional dos Bosques, queremos recordar a importancia de protexelos.
Hoxe é un día para tomar conciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario