Os libros cultivan a nosa imaxinación e alimentan as nosa fantasía.
Son os nosos mestres e os nosos compañeiros de aventuras. Axudan a ampliar o noso vocabulario, permiten que nos acheguemos a outras culturas, que nos identifiquemos con outras persoas e que aprendamos mais sobre a nosa historia...
Hoxe, DÍA DO LIBRO, é un bo día para visitar unha libraría e elixir un libro, ou deixar que un libro nos elixa a nós ...
Porque, como dí Pedro Feijoo, "para cada un de nós hai un libro, ou dez, ou cen... Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos..."
Para ler, todos os día son bos.
Que me dicides valentes, atrevédesvos a entrar no mundo dos libros?
As nenas e os nenos da EEI Barrionovo de Arteixo amósannos o valentes que son:
E en guiainfantil.com tamén nos animan a dar unhas cantas voltas ao mundo entre as páxinas dun libro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario