martes, 31 de maio de 2016

Fin de Proxecto: O Castro de Trelle

A actividade final do proxecto anual resultou 
moi divertida para @s alumn@s de 4º, que elixiran como tema a BD "Os barbanzóns" (e para @s de 5º e 6º que os acompañaron nesta saída)

Visitamos o monte do castro de Trelle, que está aquí ao lado e, tras ler o noso manifesto, quedamos convertidos nas súas madriñas  e  padriños oficiais, nos custodios do seu territorio e a nosa misión de agora en diante será coidalo e poñelo en valor.
.


Segundo nos explicou Santos, o noso garda forestal preferido, o castro non está excavado. Fixéronse prospeccións xa hai tempo e sábese que era un recinto moi grande con dúas murallas concéntricas e moitas casas circulares. Moitas das pedras desapareceron e foron empregadas para construír casas nos pobos veciños. 

Tamén nos falou da simboloxía das árbores, nos recordou o que debiamos facer para coidar o bosque e os seus habitantes e nos deu unha clase de orientación . Alí deixamos plantados un acivro e un carballo.

Aproveitamos tamén para visitar a base de helicópteros . 

Sabiades que a de Toén é a base con maior número de horas de vó para extinción de incendios do estado español? 
E que o seu helicóptero é o mais grande de Galicia? Pode transportar 16 persoas.

Na base  traballan o piloto, un enxeñeiro de montes que é o encargado da base, dous xefes de brigada e 20 persoas máis que colaboran na extinción de incendios en toda Galicia. Realizan un traballo en equipo coordinado.





sábado, 28 de maio de 2016

Abraham Carreiro

O pasado luns 23 de maio visitounos o  ilustrador Abraham Carreiro.
Deunos a coñecer en que consiste a súa profesión e como chegou a ser un debuxante de éxito.
Compartiu co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º un obradoiro de Banda Deseñada  baseandose nos libros que estiveron traballando dentro do Proxecto anual e que tiveron grande éxito : "Estudios Tex" e "Xoeliki"
Nun papel en branco comezou a debuxar distintos personaxes dos libros, cunha rapidez que nos deixou abraiados...
Despois foi explicando como debuxar diferentes tipos de caras e como cambiar as expresións faciais dun personaxe  para que mostre a súa personalidade ou o seu estado de ánimo  (bo, malo, enfadado, durmido, sorprendido, namorado...)

Con todas as súas ensinanzas, cada un de nós tratou de debuxar  un personaxe ...

E se lle gustan... e inclúe algún deles no seu próximo traballo?
Pasárasevos a  idea  pola cabeza?


AbrahamCarreiro by Slidely Photo Gallery

Tod@s os rapaces e rapazas estiveron moi interesados e atentos e formularon unha chea de preguntas ao final da súa charla.

mércores, 25 de maio de 2016

Proxecto Escornabots

Somos un dos 20 centros de toda Galiza elixidos para participar no proxecto piloto "Escornabots na Biblioteca Escolar" e así introducir os robots e a linguaxe de programación  na escola.

Por iso Sali, do grupo de Biblioteca,  asistiu o pasado 13 de maio a unha xornada de formación en Santiago onde recibiu os materiais necesarios para a construción dos primeiros robots.


Aquí vos presentamos o  primeiro integrante do noso  Equipo de Escornabots. 
Tuneámolo un pouquiño para que as nenas e os nenos saiban cara onde desprazalo.
Só nos queda elixir un nome para él.
Aceptamos propostas...





 

martes, 24 de maio de 2016

Os tres porquiños

Continuando coa  programación do mes de maio, un público moi entusiasta encheu a bliblioteca para  disfrutar do espectáculo que prepararon Clara, Hugo e Damián, alumn@s de sexto, xunto coa profe Lali .
E non saíron defraudados!
Tod@s disfrutamos do teatriño de monicreques que nos ofreceron. Eles mesmos reescribiron os diálogos  tomando como modelo o conto dos tres porquiños. 
A ver que opinades...

domingo, 22 de maio de 2016

A festa das Letras 2016


Por  mor dos exames da AVALDIA dos nenos e nenas  de 6, tivemos que pospoñer a nosa festa para o venres día 20 de maio.
Como podedes ver no programa, houbo bailes, cancións e representacións teatrais nas que , coma sempre, participaron todas as nenas e nenos do cole.


Foron moitas as familias que nos acompañaron na celebración da Festa da nosa Lingua .
Para os e as que non puidestes compartir este día connosco, ou para os que queirades velas de novo, recollemos en video algunhas das actuacións:

E. Infantil: O cuco

O Cuco - E. Infantil from Efren Esquio on Vimeo.

1º e 2º: As cores a xuizo



3º de EP : Na procura dun personaxe



4º de EP : Berenguela


5º e 6º de EP : Recitado de poemas de Manuel María -  En galego, xa!

xoves, 19 de maio de 2016

Hai moitos anos...

Podería ser o comezo dun conto, pero non o é...

Hai moitos anos, 20 para ser exactos,  adiviñades que grande poeta da nosa terra estivo no cole?
Dareivos unhas pistas...

- Naceu en Outeiro de Rei 
- Estudou en Lugo
- Traballou como procurador en Monforte
- Dedicouse á política pero tamén a difundir e reconstruir a cultura galega, a lingua e os nosos sinais de identidade
- Foi xornalista, mestre, editor, libreiro ... 
- Denunciou todo tipo de inxustizas: a emigración, a contaminacion dos mares, as indignas condicións laborais de moita xente...

Aínda nada? 
Pois ...  a ver se con estas outras pistas...

- Dedicouse á creación literaria: narrativa (13 obras), teatro (26 pezas), ensaio (13 obras) e , sobre todo,  poesía (máis de 50 obras)
- Foi membro da Real Academia Galega

Xa adiviñastes, non si?

Pois, sí... Trátase de  MANUEL MARÍA


Na Biblioteca temos varios dos  libros que escribiu : "A tribo ten catro ríos","Viaxes e vagancias de MP","Cando o mar foi polo río", "Os soños na gaiola" "Terra Chá" , algúns deles coa súa sinatura e unha dedicatoria


manuelMAria by Slidely Photo Gallery

As familias contan : o papá de Antonio

19 de maio: As familias continúan compartindo connosco o seu tempo e as súas lecturas.  Antonio, o papá de Antonio Manuel, achegouse ao cole para lernos o conto "O desexo do Gato Klops"; un conto co que aprendemos que todos e todas somos valiosos e dignos de ser queridos aínda que non sexamos perfectos. 



GRAZAS POLA VISITA!

mércores, 11 de maio de 2016

Regalamos contos

Os nenos e nenas que quixeron  achegáronse a Biblio a escoitar os contos que prepararon os compañeir@s  de 6º

luns, 9 de maio de 2016

Maio no cole

Este ano, en vez de facer un maio, decidimos facer unha alfombra floral.
Para ser sinceros, a idea non foi nosa: os avós e avoas do Centro de Día convidáronnos a axudarlles e nós aceptamos.
O que non contabamos era coa chuvia...
Ir de paseo ata Toén é agradable (xa o temos feito varias veces) pero... chovendo!!!
Tivemos que "abortar" a "Operación Andaina-ata-Toén" e facer a alfombra no cole.

Todos e todas colaboramos e iso fixo o traballo máis divertido:
- Buscamos información sobre o proceso de elaboración deste tipo de alfombras en diferentes puntos de Galiza
.- Eliximos o motivo da nosa alfombra e debuxámolo nun papel
- Trouxemos unha morea de flores de diferentes clases e  separámolas segundo a súa cor.
- Por cursos, fomos recubrindo os espazos cos pétalos, seguindo as liñas marcadas no papel.

Recuperar as tradicións  é unha labor importante... !!

Podedes ver o proceso de elaboración e o resultado na fotogalería que segue:



Maio de flores by Slidely Photo Gallery

As familias contan: Iria e Adán

Venres, 6 de maio: Os papás de Martiño e Gabriel contáronnos o conto "As viaxes de Mimo" e  leváronnos en busca de persoas e culturas diferentes.




GRAZAS!!

luns, 2 de maio de 2016

As familias Contan: os papás de Álvaro

 29 de abril: Sira, a irmanciña de Álvaro, acompañou a Vanessa e David mentras nos contaban o conto "Crisol e a súa estrela". Estivo moi interesada na lectura ... E nós tamén.


GRAZAS por vir!!

As familias contan: A mamá de Antón

28 de abril: Patricia leunos en galego o conto "Antón el ratón"




GRAZAS 

As familias contan: papá de Martín

27 de abril: Ángel contounos o conto de "Cocorico" e gustounos un montón.




GRAZAS!

As familias contan: : os papás de Dani

26 de Abril: Inés e Jose, acompañados por Lucía, viñeron a contarnos o conto dunha nena que nunca quería ir á cama. Nós ata fixemos de caracois para axudala, e ao final conseguiu "durmir  coma un tigre" para repoñer forzas.




GRAZAS pola vosa compañía!!