Por fín, xa chegou o día!
Unha vez máis o mes dos libros bríndounos a oportunidade de desfrutar da lectura cos padriños e madriñas.
O "apadriñamento lector" é unha actividade que chegou hai algúns anos ao cole para quedarse, e que da gusto repetir un ano tras outro.
Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, e vívena cunha mestura de ilusión e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros apadriñamentos e marchan confiados e contentos.
Os padriños e madriñas tiñan todo preparado para acompañar aos seus afillados e afilladas cara algún recunchiño cómodo e alí, ler as historias que coubesen nese anaquiño de lecer no que se converteu o "Hora de Ler".
compartimos lecturas2017 by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario