Estes días estivemos moi ocupados abrindo cabazas para pór enriba dos valados e preparando os disfraces para participar na festa de Samaín. Os nenos/as tiveron que investigar en que película de terror aparece o seu disfrace e escribir os datos sobre a mesma: director, personaxes principais, actores e actrices que participan e ano de produción da mesma. Tede moito coidado cos mortos, coas almas errantes, cos trasnos e coas fadas e, se vedes algunha bruxa, chiscádelle un ollo! Se queredes ver todo o que fixemos, picade na imaxe e buscade os enlaces...
Ningún comentario:
Publicar un comentario