Gracias a ANPA do cole puidemos disfrutar dunha actividade que espertou o interese de todos os nenos e nenas: un planetario viaxeiro que aterrizou na nosa escola e que nos achegou á máis antiga das ciencias, a Astronomía. Os nenos, ansiosos de respostas sobre o Cosmos, solucionaron as súas dúbidas con videos e contidos adaptados ás súas idades e, mentras se divertían, achegáronse un pouco máis ao universo que nos rodea.
Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.
ResponderEliminar