O 21 de marzo é o día escollido pola UNESCO para celebrar o Día da Poesía.
Trátase de poñer en valor esta arte e recordar que non é un luxo , que simboliza a creatividade humana.
Tamén se busca promover o ensino da poesía e fomentar os recitais poéticos, así como render homenaxe a todas as persoas que loitan cada día para crear un mundo mellor usando só as palabras como ferramenta.
O 21 de marzo a poesía debe ter quen a recorde, quen a escoite e quen a escriba.
Por iso os rapaces recitaron poemas elixidos por eles ou compostos na clase e demostraron que a poesía é coma un aire fresco, osíxeno para o espiritu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario