O magosto no cole é moito máis que comer castañas asadas. Facemos moitas outras actividades.
Este ano, unha delas foi o "tuneo" de castañas.
Como andamos co proxecto sobre o cine, o "tuneo" tiña que relacionarse co tema: profesións, personaxes ...
Había que poñer en marcha a creatividade !
E así, comezaron a chegar ao cole actrices e actores, cámaras, directores e personaxes do máis diverso: personaxes de debuxos animados como Turbo, Madagascar ou o Rei León; de ciencia ficción como E.T. ou Hulk ... 🐿️🐿️
No seguinte video, podedes ver todo o que deu de sí a imaxinación das familias :
Ningún comentario:
Publicar un comentario