O pasado 11 de decembro Braulio Bolechas estivo no cole gravando un capítulo do seu programa Brauliotuber co que anda a percorrer todos os coles de Galicia.
O tema foi os traballos do campo. Trouxemos ferramentas e algúns produtos da horta e cantámoslle unha canción.
Estade atentos o día da emisión porque, en cada programa Braulio propón un reto, unha pregunta relacionada co tema do capítulo, e quen a acerte pode gañar un premio.
Entre todos os que contesten correctamente sortearase… un curso de inglés dos Bolechas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario