Como bos afeccionados ao cine que somos, non podiamos deixar pasar estas datas sen invitar aos nosos personaxes preferidos a que viñeran ao cole.
E, aínda que vos pareza unha idea imposible... o Nadal é o que ten...
Ata aquí se achegaron Brancaneves (sen ananiños, porque dixo que non necesitaba compaña...), a Pequena Serea (que quedou a remollo no río) Dorothy e Toto, o Espantallo, o León e o Home de folladelata (en vez de iren a OZ, dirixíanse a Belén); a Bela Dormente (aínda debe estar metida na cama ), a Bela e a Besta, e ata Drácula . Tamén vimos de cerca aos protagonistas de "Mascotas", a Cincenta na súa carroza e a Peter Pan, o capitán Garfo e Campaiña voando, a Mary Poppins...
E non podía faltar o ultimo superheroe coñecido... Súper López
Todos apareceron para formar parte da nosa decoración navideña en forma de bolas para a árbore de Nadal e en forma de figuras do nacemento.
Había tamén uns códigos QR que enlazaban coas películas e puidemos ver un cachiño de cada unha delas nas tablets.
Nadal2019 by Slidely Slideshow
A decoración do comedor tamén estaba moi "currada"... Ademáis da árbore, decorada con productos de alimentación, Sara , axudada polo seu home, fixo un trineo tirado por un reno onde ía Papá Noel cargadiño de agasallos.
Gañamos o 2º premio do concurso organizado polo Concello de Toén...Non vos digo máis...
Parabens pola actividade e polo premio!!
ResponderEliminar