Fixémonos eco dun programa posto en marcha por un fabricante de xoguetes, chamado "Close the dream gap", e que nos chamamos "Acabemos coa fenda dos soños" .
Este programa, coma nos, pretende desmontar os estereotipos sexistas.
Para conseguilo, temos que educar á sociedade sobre os prexuizos de xénero, estereotipos culturais e outros factores que impiden que as nenas alcancen o seu pleno potencial.
E tamén mostrar modelos positivos de mulleres de todas as idades, profesións e condicións sociais para que descubran todas as oportunidades que poden ter.
E, por suposto, animar a todas e todos a perseguir os seus soños, porque as nenas e os nenos poden facer calquera cousa que se propoñan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario