No noso cole todxs sabemos quen foi Xoan Antonio Saco e Arce, para iso a escola leva o seu nome!
Este ano propuxémonos que tamén o coñezan ao longo e ancho, polo menos, de toda a contorna.
Porque este ano celébrase o 150 aniversario da publicación da súa "Gramática Galega" que foi a primeira que se elaborou cos criterios científicos máis modernos daquel tempo. Supuxo un grande avance na descrición da lingua e espallou polo mundo a noticia da existencia do galego. Serviu de inspiración para as gramáticas posteriores, pero, debido a que o galego non era considerado unha lingua para empregar no ámbito científico, foi publicada en castelán.
Ao longo do curso, o alumnado investigará sobre a vida e obra do escritor, faremos un roteiro polos lugares onde estivo e os monumentos que o recordan, e realizaremos outras actividades das que vos daremos conta cando estean preparadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario