Os contos tradicionais adoitan ser un "pouco" machistas.
As protagonistas, ou ben son mulleres cheas de odio como as madrastras que so queren aproveitarse dos demais, ou seres feos e crueles como as bruxas. As rapazas adoitan ser fermosas e delicadas, sen autonomía... moi dependentes. Normalmente dedícanse aos coidados do fogar e esperan ser rescatadas por un príncipe.
Sen embargo, os protagonistas adoitan ser valentes, fortes, independentes e seguros de si mesmos e saen da casa para combater a maldade e vivir innumerables aventuras.
Pois ben, a través destas historias as nenas e os nenos vanse educando para cumplir un papel durante a súa vida e os roles de xénero son asimilados e vistos con normalidade, converténdose en modelos a seguir.
Contar contos clásicos é xenial. E se tratamos que as nenas e nenos desenvolvan un carácter crítico mentres os lemos, ensinarémoslles a construir unha personalidade forte que vaia eliminando as discriminacións que se aprenden a través de moitas das historias infantís.
Por iso, unha das actividades que ideamos para este 25 de novembro foi cambiarlles o final a varios contos tradicionais. Ademais, xs maiores, escribiron microrrelatos que rexeitan a violencia contra as mulleres e que poñen en valor as cualidades que teñen .
Ningún comentario:
Publicar un comentario