Xa vos contamos que, dentro do seu Programa de Igualdade, o Concello de Toén invitounos a un espectáculo de títeres. E, o mellor de todo... sen saír da casa!
Celtia Figueiras é a creadora da compañía de monicreques "A Xanela do maxín" coa que viaxa por toda España e outros países. Nos seus espectáculos os contos cobran vida a través dos títeres e os cativxs pasan uns momentos moi especiais.
A través de valores como a tenrura, o respecto, a igualdade e a solidariedade móstranos que todos os problemas se poden solucionar e que a ilusión fai que ata os soños máis complexos se fagan realidade.
Queredes escoitar a entrevista que lle fixeron xs nenxs?
Ningún comentario:
Publicar un comentario