PÁXINAS
▼
venres, 1 de novembro de 2019
Samain
Coma todos os anos, os últimos días de outubro achéganse ao cole seres do máis aló, ánimas en pena que deixaron algún asunto pendente neste mundo, mortos que volveron á vida, caveiras e esqueletos falantes, meigas chuchonas e lobisomes....
Desfilan, fan o seu esconxuro, cantan e bailan connosco ...
E nos, encantadxs de recibilxs a todxs ... por iso a nosa é unha biblioteca inclusiva.
Este ano, as bruxas e os monstros do lixo uníronse á festa. Son malos, malísimos: non separan os desperdicios, mesturan todo na mesma bolsa... non se preocupan polo medio ambiente...Non saben nada das cores da reciclaxe...
Pero nós ímoslles dar unha lección!
As rapazas e rapaces de 6º decoraron a Habitación do Pánico.
Daba moooito medo entrar alí!
Se queredes ver máis fotos da festa, picade AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario