A finais de 2018 fomos seleccionados como “Centro Lía.2”, un programa no que se está explorando as posibilidades da biblioteca escolar como “Centro Creativo das Aprendizaxes”.
A nosa ilusión sempre foi ter unha Biblioteca Viva, na que participasen todxs xs que forman parte da comunidade educativa e que puxese ao seu servizo todos os recursos dos que dispomos, unha biblioteca chea de oportunidades para aprender "argallando".
E cremos que o imos conseguindo.
Grazas ao Plan Lia.2 incorporamos recunchos para a investigación, a manipulación, a creación, o traballo colaborativo e o xogo, sempre enfocados ao reforzo das competencias clave e ao desenvolvemento persoal das alumnas e alumnos.
Este video foi gravado a finais do curso pasado na biblio do cole. O guión foi escrito polo Equipo de Biblioteca.
GRAZAS a Asesoría de Bibliotecas Escolares por contar connosco para este proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario