![]() É dicir, que desenvolve moitos obxectivos do noso proxecto anual. Para facilitar a recollida selectiva de lixo, Sogama enviou ao centro unha "illa de reciclaxe" formada por tres colectores (amarelo, azul e verde) e que instalamos no patio. Tamén nos mandaron unhas bolsas-caixa que foron repartidas polas aulas e un composteiro para o tratamento da materia orgánica que se xenera no comedor escolar . O compost que obteñamos empregarémolo no horto . Ademáis, tivemos unha xornada de formación na que nos explicaron os conceptos básicos da sostibilidade aplicada ós residuos, aclararon as dúbidas que tiñamos e falaron sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas ambientais . Elixe ben a cor by Slidely Photo Gallery Se todxs camiñamos na mesma dirección, evitaremos que o lixo afecte á nosa saúde e benestar e contribuiremos a protexer a nosa contorna tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico ( disminución de custos para os nosos concellos ) |
PÁXINAS
▼
Ningún comentario:
Publicar un comentario