A todas as mulleres galegas:
Redeiras. Mariscadoras. Pescadeiras.
Labradoras. Gandeiras.
Tendeiras. Limpadoras.
Mulleres da súa casa que coidan dos pais e os netos.
Industriais; soldadoras, administrativas
traballadoras das fábricas, das conserveiras.
Costureiras. Dependentas,
auxiliares de clínica, mestras ..
científicas, deportistas, cineastas,
viúvas, fillas, netas, tías, irmás, nais, avoas, bisavoas....
Grazas a todas por estardes ahí!
Para renderlle homenaxe a todas, todas as mulleres galegas, que merecerían unha estatua en calquera praza de calquera cidade, cada clase contruiu unha escultura empregando materiais de refugallo: caixas, teas, tubos de cartón ....
Con elas pretendemos dar visibilidade ó traballo que realizan as mulleres, moitos deles considerados "de homes" ata non fai moito e reivindicar que a igualdade entre mulleres e homes é unha realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario