Na nosa biblioteca, como en moitas outras, Abril é o mes dos libros: O día 2 é o Día do libro Infantil e o 23 é o Día Mundial do Libro. A pesares de non estar no cole, e sobre todo este ano, non podemos deixar de celebrar este mes .
Os libros son coma ventás abertas: fan que poidamos viaxar sen movernos da sala ou da cama, permítennos vivir outras vidas e desfrutar de aventuras emocionantes... Por iso, cando todas as tardes saímos ás ventás a aplaudir, uns poucos deses aplausos témolos que dedicar aos libros. Ben o merecen! Embaixo tedes as actividades que preparou a Biblio para que alumnado e familias colaboren nesta celebración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario