PÁXINAS

sábado, 24 de abril de 2021

Tendal literario


 Antes dos anos 60 do século pasado, os anos nos que as nosas avoas eran pequenas, case en ningunha casa había lavadora , e moito menos secadora . A roupa lavábase á man no río ou no lavadoiro empregando xabón feito na casa e tendíase a secar ao sol e ao aire. E as mais maiores comentaban que a roupa do tendal dicía moito de quen a lavaba e tendía. Ás mulleres gustáballes presumir da roupa que colgaban no tendal.

Agora xa non é tan doado ver a roupa secando ao sol, sobre todo na cidade, e por iso nós para presumir dos nosos traballos tendémolos para que os vexa todo o mundo.

Para mostrar cales son os nosos libros favoritos organizamos un Tendal Literario

Primeiro, os nenas e nenos  convertéronse en deseñadoras e deseñadores  e cada un creou a súa peza de roupa e tuneouna ao seu gusto, poñendo parches, bordados, e adornos variados. Despois,  en cadansúa peza escribiron o título e o autor do libro e tamén unha cita ou unha pequena sinopse do mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario