Este ano, ademáis de todas as demais actividades, quixemos celebrar o Día do libro dunha maneira solidaria: poñendo a nosa creatividade ao servizo dos nenos e nenas máis desfavorecidos , colaborando con Save the Children.
Como?
Decoramos os nosos puntos de lectura ao noso gusto con debuxos, lemas, poesías...
Levámolos á casa e solicitamos un donativo a cambio de cada marcapáxinas realizado.
Os fondos contribuirán a paliar a situación de fame na que viven os nenos e nenas do Sahel, e a proporcionarlles unha educación que lles permita ter unha esperanza no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario