Hoxe é o Día das nais. Aínda que moitos atribúen esta celebración a unha maniobra comercial, o obxectivo é ser un agradecemento ás nais, que nos deron a vida. Ten a súa orixe na Grecia antiga, onde xa rendían homenaxe á deusa Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades. Ata chegar aos nosos días, a celebración foi cambiando e en cada país e cultura celébrase dun xeito diferente.
O regalo máis apreciado é o que sae do corazón. Para todas as enfermeiras, cociñeiras, taxistas, mestras, psicólogas, entrenadoras, amigas.... e moito máis... Este é o regalo d@s vos@s fill@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario