A estas alturas, todxs os cativxs andan nerviosxs e coa ilusión polas nubes pola cercanía do Nadal.
E como vivimos estas datas no cole?
Pois tratando de fomentar a solidariedade e a xenerosidade entre os nenos/as e falando abertamente sobre o problema do consumismo.
A actividade que propuxemos foi formular os desexos de nadal a través dunha pequena tarxeta suxeita cunha pinza da roupa "tuneada" que colgamos nunha árbore feita con paus de carballo.
Reflexionar sobre o que temos e o que desexamos , o que teñen e desexan os que están ao noso redor e como nos sentimos ao compartir e facer algo polos demais é unha actividade que fomenta a aprendizaxe e nos fai medrar como persoas.
¡A educación pode (e debe) cambiar o mundo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario