Todxs temos participado algunha vez no xogo do "Amigo Invisible".
Aos nenxs tamén lles gusta e por iso non é a primeita vez que facemos esta actividade na Biblio.
Primeiro hai que saber a quen lle vas facer o agasallo que, por suposto, é un libro.
Para iso facemos un sorteo.
Despois hai que buscar polos andeis e atopar un libro que sexa do agrado da persoa que nos tocou en sorte. Envolvémolo e, o último día antes do descanso de Nadal, os axudantes de biblioteca encárganse de repartir os agasallos polas clases.
Así de sinxelo.!
amigoInvisible by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario