Sabedes o que é a empatía? E a asertividade? Nós falamos destes e outros conceptos no obradoiro que a Cruz Vermella desenvolveu no colexio para fomentar as habilidades sociais, porque temos que afacernos a resolver os conflitos dialogando, sen facer uso da forza. Mediante charlas, xogos e dinámicas de grupo aprendemos sobre valores e actitudes positivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario