No Día Internacional da Lingua Materna atopamos unha triste noticia: cada catorce días morre un idioma. Nos últimos dez anos desapareceron máis de cen linguas. 😔
Para que unha lingua non desapareza, hai que falala, manexar o maior número de palabras que poidamos aprender. Ti, cando atopas unha palabra que non coñeces, que fas? Eu penso: A que me soa? Que me suxire? Este proceso ten moito que ver coa imaxinación, o vocabulario, a asociación de ideas, a capacidade de síntese e, por suposto, coa escritura. É un proceso creativo. Facendo uso de todos estes recursos, puxemos a proba a nosa creatividade e inventamos definicións para as palabras que nos facilitaron os profes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario