Os Bolechas Electrecos están a visitar moitos coles de Galicia para falar da reciclaxe de RAEE. Ah, que non sabedes o que é iso! Claro, vós non estivestes na nosa biblio o día 18, e por iso non o sabedes... Son Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. Vos que facedes cando se vos "morren" o ordenador, o teléfono ou a lavadora? Deixádelos abandoados na rúa ou no monte? Tirádelos ao colector co resto do lixo? Iso é o que fai moita xente, pero non é o correcto porque levan substancias perigosas que contaminan a terra, a auga e o aire. EcoLoli ensinounos o que hai que facer con eles, porque teñen materiais moi valiosos que se poden reciclar para facer outras cousas. Mirade o ben que o pasamos na biblio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario