domingo, 5 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO


 

Nesta ocasión, veu á nosa biblioteca, para festexar o día do libro un gran amigo e compañeiro de moitas andanzas do pasado, tanto na Banda de Barbadás, como na Charanga " Os Escachapeitos " e como non na Banda de Gaitas " Frouma " de Piñor. Estou a falar de Justo Calviño Cruz.

Aterrizou no cole Saco e Arce para falar do seu libro " Os contos do avó " e veu acompañado pola súa filla Iria, o seu neto Izan e por José Manuel Dopazo.

Foi un placer volver a veros e unha ledicia escoitar tantas historias que moi ben veñen reflexadas no libro. Noraboa, familia, por manter estas tradicións tan preto da xente, tanto na literatura como na música. Por certo... Izan é espectacular !!!

Apertas en nome de todo o colectivo que forma o CEIP Saco e Arce

sábado, 27 de abril de 2024

Obradoiro de instrumentos de vento




A medida que se traballaban os instrumentos e a súa clasificación, pareceume moi interesante e oportuno acercar dunha forma máis práctica e lúdica algúns dos instrumentos de vento madeira ao alumnado.
Podían exploralos, velos, tocalos, escoitalos, observar as súas diferencias, o seu mecanismo...
E pensei en Nacho.
Nacho Casas e máis eu comezamos de pequechiños a tocar o saxofón no conservatorio da man do meu avó, que era o mestre de todos os instrumentos de vento ( madeira e metal ). Chegado o momen
to, eu deixei o saxo no conservatorio, e Nacho seguiu adiante e rematou a carreira de saxofón. Ahora é mestre deste instrumento no conservatorio. 
Non podía ser doutra forma, e sen pensalo dúas veces, preparamos un pequeno obradoiro sobre os instrumentos de vento, en concreto sobre os de madeira, e máis en concreto, sobre o saxofón.
Tamén se animaron a participar varios nenos e nenas do cole que tocan instrumentos de vento. Pasamos unha velada estupenda.
Moitas grazas, Nacho !!