mércores, 25 de abril de 2018

Compartimos lecturas

O Apadriñamento lector é unha actividade sinxela pero moi gratificante  que puxemos en marcha hai algúns anos para o fomento da lectura, pero que conleva outras aprendizaxes, tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, que teñen que ver coas emocións que xurden da cooperación entre maiores e pequenos. 

Ademáis de mellorar os contidos relacionados coa lectura, mellóranse tamén as relacións interpersoais co achegamento de nenxs de idades diferentes.

Nas fotos que seguen podedes ver a padriñxs e afilladxs en plena faena:


Apadriñamento lector2018 by Slidely Photo Gallery

luns, 23 de abril de 2018

O amigo secreto


Non é a primeira vez que a biblioteca nos ofrece a oportunidade de agasallar a algún compañeirx cun libro.

O máis divertido, ademáis do momento de abrir cada un o seu agasallo, é o momento do sorteo ... 
¿ quen será o (ou a) afortunadx  que recibirá o noso regalo? 
Para iso, cada un escribimos o noso nome nun papeliño, metémolos nunha caixa e imos collendo un ao chou. Esa será a persoa destinataria do libro;  a non ser que o papeliño leve o noso nome, pois nese caso hai que devolvelo á caixa e coller outro diferente. 
Despois chega o máis importante: atopar un libro que satisfaga o gusto dx nosx compañeirx. 
O mais difícil é gardar o segredo, pois ninguén debe saber quen é o seu AMIGO INVISIBLE.



venres, 20 de abril de 2018

Momentos lectores

No noso cole somos verdadeiros leóns, pero non vos asustedes! Non somos leóns dos que viven na sabana, senòn leóns de libros...
Como veredes nas fotos, lemos en calquera sitio e situación : na casa e no monte,  na cama e no baño, no parque e na terraza...
 E non só iso: lemos sós e acompañadxs, lémoslle aos avós e aos bebés, lémoslle as nosas mascotas...

LER, LER, LER ...é unha das cousas que máis nos gusta facer!


Ti onde les? by Slidely Slideshow

xoves, 12 de abril de 2018

Contacontos: Sabela Gago

A AMPA do cole convidounos a unha sesión de contacontos a cargo da actriz Sabela Gago, cofundadora do grupo de teatro ourensán Sarabela.
Fixo que a nosa imaxinación descubrira a maxia que se agocha nos contos e todxs colaboramos cos nosos xestos, sons e interpretacións... e coas nosas risas...
"O ovo máis bonito do mundo" de Helme Heine foi o conto para os maiores .Narra a historia de tres galiñas moi fachendosas - Petipuá, Poliplasta e Pulchinela - que sempre estaban pelexando porque cada unha diciía que ela era a máis fermosa do galiñeiro. Foron a prguntarlle ao rei, pero non era doado elixir... As plumas de Poliplasta eran moi fermosas, as longas patas  de Petipuá encantábanlle e a crista de Pulchinela ... era de película!... Ao final decidiu  que a elixida sería a galiña que puxese o ovo máis fermoso ...  Cal das tres resultou gañadora?


Xs mais pequenxs disfrutaron cos contos de Martiño, un neno que estaba moi aburrido e tamén con "A selva" de Jean-François Martin no que o protagonista era un camaleón multicolor que quería atrapar a unha mosca moi chinchosa...


MOITAS GRAZAS A AMPA por traernos a Sabela e os seus contos. 
A nosa imaxinación agradécellelo de corazón.

xoves, 5 de abril de 2018

En abril, libros mil

Durante o mes de abril poremos en marcha moitas actividades relacionadas co libro e a lectura nas que participarán, coma sempre, o profesorado, o alumnado e as familias.