martes, 18 de setembro de 2012

Novo curso, novo proxecto


Co novo curso, comeza de novo o traballo, o aprender cousas novas e recordar todas as que xa sabemos.
O noso primeiro Proxecto para este curso vai ser "Os Xogos Olímpicos".
 Xa coñecemos moitas cousas sobre o tema (deixeivos algo de información durante o verán), pero seguro que hai moitas outras que nos gustaría coñecer.
 Todo o colexio investigará sobre este tema : os deportes, a historia, os países...
A ver que descubrimos...!

martes, 11 de setembro de 2012

Benvidas e Benvidos ao novo curso


Ola, queridas nenas e queridos nenos:
Aquí estou de novo 
¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector?
Eu acabo de chegar . Aínda nen desfixen as maletas... A que vos dedicastes vós todo o verán? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio.  
  Preparádevos, que veño cargado de ideas!!
A partir de hoxe xa podedes vir  a biblioteca cando queirades.
É moi importante que recordedes as normas, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, e polo tanto debemos axudar no seu coidado para que continue sendo o noso lugar de encontro.Espérovos! 
Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada e de atender as vosas suxestións.
Tamén espero que teñades un bo comezo daHORA DE LER”.
 Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza.
  O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron estupendos. 
Cantos libros lemos ao longo o curso!! 

E agora, antes de preparar a mochila, mirádevos ao espello e comprobade se estades completiños, ou se vos falta algunha das partes que debe ter calquera lector....

Vémonos!

domingo, 9 de setembro de 2012

O Superfamoso... TADEO JONES

Benvido Tadeo!
Por fin podemos disfrutar da última película de animación española!
Despois de 4 anos de traballo, "As aventuras de Tadeo Jones", personaxe creado por Enrique Gato, acaba de estrearse nos cines.
É unha película de aventuras, donde o humor xoga un papel moi importante.Os personaxes principais son : Tadeo, Sara, Fredy, Jeff, Belzoni...
 Tadeo é o aventureiro que todos levamos dentro. E Sara é valente, intrépida e, sobre todo, intelixente.
Adiviñade quen lles deu a voz a estes personaxes :  pois entre outros José Mota e Michelle Jenner.
Tadeo é unha mistura de todos os aventureiros da historia do cine : Indiana Jones,  Allan Quatermain ...
Todo comezou cunha curtametraxe, que, para sorpresa dos seus creadores , gañou un feixe de premios.
Aqui vos presento...  O NACEMENTO DE TADEO JONES



E, se queredes saber máis, visitade o sitio web oficial da película. Hai trailers da película, xogos...
 Picade na imaxe: