Amosando publicacións coa etiqueta EEE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EEE. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de novembro de 2022

O Monstriño do Río Miño

Con motivo do Samaín, e tendo de referencia o noso proxecto anual sobre a auga.... " Cada gota conta ", o alumnado ddo cole, tanto de Infantil coma de Primaria, fixo o debuxo do seu monstruiño do río Miño. Moitos deles tamén lle escribiu algunha das características peculiares do monstruo.

Velaí tedes os traballos de todos/as

O MONSTRIÑO DO RÍO MIÑO

venres, 16 de novembro de 2012

xoves, 12 de abril de 2012

Abril, mes dos libros

No noso cole o mes de Abril é o Mes dos Libros. comeza co Dia do Libro Infantil (día 2) e case que remata co Dia Mundial do Libro, o día 23.
Xa sabedes que a Efrén gústalle escribir e para conmemorar estas datas sorprendeunos cun dos seus contos. O  título é "Efren viaxa a mundos lonxanos" e  pasará a formar parte das publicacións de EEE (Efren Esquio Edicións). 
Dende a Biblioteca, desexamos que vos guste.


Open publication - Free publishing - More efren

Tamén vos deixo o Programa de Actividades que, dende a Biblioteca, temos programadas para o mes de abril.
TOD@S estades invitad@s a acompañarnos!!


domingo, 20 de novembro de 2011

Tempo de Castañas


 Este é un dos castiñeiros que temos  no cole. Aínda é pequeno, pero observaremos como vai medrando e como cambia de aspecto ao longo do ano.
Agora xa empeza a amosar as cores de outono: as súas follas comezan a porse amarelas e pardas.

Na seguinte presentación poderás coñecer moitos datos sobre os castiñeiros e as castañas. Despois, podes responder as preguntas do test que hai a continuación.


View more presentations from Efren_esquio.

Tamén podes obter mais información  neste video do programa "El escarabajo verde" de TVE rodado en Galicia .  
http://www.rtve.es/television/20101221/escarabajo-verde-punado-castanas/388813.shtml