PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Amosando publicacións coa etiqueta medioAmbiente b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medioAmbiente b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 2 de novembro de 2023
mércores, 1 de novembro de 2023
mércores, 9 de xuño de 2021
O noso horto
Ter un horto no cole é un goce para todos os sentidos, incluso para o gusto.
Por iso todos os anos propoñemos a nenas e nenos sementar ou plantar hortalizas e observar como medran para entender mellor os ciclos naturais, aos que moitas veces non prestamos atención.
Ademais, é o que facían as avoas para non ter que mercar verduras . E se lles sobraban, levábanas á feira ou ao mercado para vendelas. Comían san e ademáis sacaban uns cartiños!
Hai unhas semanas que comezamos a traballar na nosa horta: cavamos a terra e botamos esterco. Eliximos plantas de temporada: patacas, leitugas, tomates, cebolas, pementos...
Tamén temos árbores froiteiras e este ano ata puidemos probar as cereixas!🍒 As peras 🍐e as mazás🍏 quedarán para setembro...
martes, 9 de xuño de 2020
Rumbo a toda vela cara... as illas de lixo?
Todo o que falabamos na entrada anerior é moi fermoso e bucólico: augas azuis, paisaxes fermosas, praias de augas trasparentes... Pero a realidade dos oceanos é outra ben distinta, e moi preocupante. OS OCEANOS ESTÁN ENFERMOS!.
Pola súa superficie e as súas profundidades circulan enormes cantidades de lixo que están a ocasionar moitos prexuizos nos ecosistemas mariños. Os plásticos acumúlanse en tal cantidade que acaban formando verdadeiras illas, algunhas máis grandes que países coma Franza, que se forman arrastradas polas correntes.
O lixo acumúlase en todos os oceanos, pero a mancha máis grande está no Pacífico, entre a costa de California e as illas Hawaii.
Todo o lixo procede da terra, porque os humáns tiramos os desperdicios á auga a través dos sumidoiros, os ríos ... e sempre acaban chegando ao mar, onde o problema máis importante é que tanto os peixes como as aves se están alimentando deles e, por suposto, intoxicándose.
É importante que saibades que todos, dende o noso pequeno punto do planeta, podemos facer algo moi grande , simplemente deixando de tirar lixo ao chan e nas correntes de auga.
luns, 8 de xuño de 2020
Día dos Océanos
Os que somos de interior gozamos mirando o mar, o océano. E buscando nos nosos álbumes de fotos atopamos unhas cantas onde vemos imaxes do mesmo oceano dende diferentes sitios , algúns ben alonxados ...🌅 "Un mar que ronca, que ten trenzas, que ás veces anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra, e que molla con poemas"
"Mares con ondas amarelas, 🌊
con illas coma estrelas,🌟
mares de plumas que son de auga e mel,🌐
mares de tinta verde con barquiños de papel."🚤
Antonio García Teijeiro
Neste taboleiro tendes recollidas as fotos das que vos falei ao principio:
domingo, 7 de xuño de 2020
Amamos a Natureza
O noso cole está rodeado de natureza. As nosas casas tamén...
Será por iso que amamos as árbores, as plantas e os animaliños grandes e pequenos.
Pero ultimamente notamos que a Nai Terra está un pouco triste ... Non a vemos sorrir. e iso preocúpanos.
Por iso, xs nenxs de E. Infantil quixeron darlle apertas e aloumiños, para que saiba que nos preocupamos por ela e que sempre imos loitar para que a respecten e non a manquen.
A aprendizaxe debe construirse dende o coñecemento do entorno máis próximo. Por iso,
pedimos ás nenas e nenos de E Primaria que, cando saísen a pasear, fotografasen árbores e plantas do seu arredor e aprendesen os nomes. Porque resulta máis doado coidar o medio ambiente se o coñecemos e lle chamamos ás cousas polo seu nome.
E para ver cantos nomes de árbores aprenderon, nada mellor que un xogo coas fotos que mandaron:
E tamen atoparon moitas plantas. Cantas podedes recordar?
O horto escolar
Cada vez hai mais escolas que se están animando a ter un horto . Nós témolo dende hai tempo e cada ano sementamos ou plantamos verduras e hortalizas.🍅🌿
Este ano tamén sementamos legumes, patacas e plantamos frambuesas
Peeeero... Cando todo estaba comezando a medrar chegou o confinamento... Non puidemos coidalo e... o seu aspecto actual non é moi saudable...😌😒
Gústanos traballar a terra, probar, experimentar e aprender facendo, aínda que hai que ter paciencia para obter os froitos.
E como a maioría das nosas nenas e nenos viven nunha aldea, adoitan ter unha horta, onde os tomates, leitugas, chícharos, fabas ... e demais hortalizas medran co seu atento coidado, porque non hai nada máis saudable que comer os alimentos que nós mesmos cultivamos ...
sábado, 6 de xuño de 2020
Unha Árbore Senlleira
Sabedes que é unha "árbore senlleira"?
Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada unha reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e que ten valor científico, cultural, botánico, paisaxístico ou ornamental

No barrio ourensán de As Lagoas podemos admirar a única árbore da cidade que esta inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A sobreira de Loña
Aínda que moitxs ourensáns non coñezan este magnífico exemplar de sobreira, non é unha árbore calquera.
Leva dando sombra dende hai máis de 400 anos e hai 10 anos foi obxecto dunha homenaxe por parte da Fundación Felix Rodríguez de la Fuente, por iso ao pe da sobreira hai unha placa de recordo..
Leva dando sombra dende hai máis de 400 anos e hai 10 anos foi obxecto dunha homenaxe por parte da Fundación Felix Rodríguez de la Fuente, por iso ao pe da sobreira hai unha placa de recordo..
Altura: 21.4 metros
Perímetro do tronco: 7.27 metros
Diámetro da copa: 22.85 metros
Non está situada no mellor sitio, parece estar "castigada, mirando á parede" pois está pegada ao muro do CEIP Manuel Sueiro, inxustamente arrinconada, a pesares de ser un monumento natural
venres, 5 de xuño de 2020
Conectemos coa Natureza
Despois de varias semanas cos humanos vivindo confinados nas súas casas🏡, a Natureza parece que empezou a espertar. 🌄
Coas industrias pechadas, as autopistas sen coches e as rúas baleiras, comezaron a apreciarse os primeiros efectos na mellora da calidade do aire e da auga das cidades. 🌈
Nas cidades grandes🌆, a contaminación que non deixaba ver o azul do ceo, desapareceu e ata se podían ver os montes no horizonte, que antes estaban ocultos polo fume. 🌲🌲
Pero os humanos non só deixamos a nosa pegada nas cidades.
Nos espazos naturais🌳🌳. incluso nos lugares máis remotos do planeta🌍, o ser humano invade o territorio dos seres vivos que alí habitan. 🐒🌼🐘🐟🌿.
Pero, nestas semanas, non houbo escaladores🗻 nen camiñantes, non houbo voos en parapente nen excursións en helicóptero🚁, e apenas pasaban avións✈ nen vehículos a motor. E moito menos cazadores...
E nas redes sociais vimos golfiños🐬 nas costas de Levante, un oso pardo🐻 paseando por unha rúa de Asturias , un xabarín 🐗por Barcelona, cabras montesas🐐 en Albacete e ata unha foca en San Sebastián. A vida parecía querer abrirse camiño🐾
Pode que esta pandemia sexa unha advertencia💢 da natureza , pode que o medio natural nos estea mandando unha mensaxe💬 , porque se non coidamos💚 o medio ambiente, non poderemos coidarnos a nos mesmos😷
Na escola adoitamos reflexionar sobre estes temas, porque , dende pequenos, temos que facernos responsables do coidado da nosa contorna, para que ao medrarmos teñamos moi claro que o respecto ao medio ambiente é fundamental.
Neste Día do Medio Ambiente, imos comezar por un xogo para coñecer o que sabemos sobre o respecto e o coidado do medio que nos rodea...
E podemos continuar vistando a páxina de Sogama, onde atoparedes información, xogos e outros recursos sobre o medio ambiente en galego e inglés.

E, para rematar, podemos escoitar un libro que temos na biblioteca:
martes, 26 de novembro de 2019
Ciencia medioambiental
Novembro é o mes da ciencia na biblio. Por suposto ciencia en galego.
O recuncho de ciencias da nosa biblioteca énchese de "pequecientíficxs" de todas as idades . Tratamos de propoñerlles experimentos divertidos, que activen a súa ansia de saber .
Tamén facemos unha selección de libros de divulgación científica aos que podedes acceder premendo neste enlace
Este ano, todos os experimentos que seleccionamos tiveron que ver co noso proxecto anual: o desenvolvemento sostible.
Estas foron as experiencias que eliximos:
1.-Desalinizar auga
Primeiro comprobamos que si se pon auga salgada nun recipiente, ao cabo dun tempo a auga evapórase e quedan os cristais de sal. Desta maneira obtense o sal de cociña nas salinas.
Para saber a onde vai esa auga que se evapora, nun recipiente metemos auga salgada e un vaso valeiro. Tapamos todo con plástico transparente e puxemos unha pedra enriba para que formase unha pequena depresión no plástico. Como non había sol, tivemos que poñelo todo ao lado dunha fonte de calor . Ao pasar os días vimos que no vaso había auga. E, o máis ineresante... a auga do vaso non estaba salgada! Deste xeito conseguimos auga potable.
2.-Perigos da deforestación
Empregamos un par de cubetas inclinadas. Nunha delas puxemos so terra (representaba un bosque despois dun incendio), na outra terra e plantas. Ao botar auga sobre elas cunha regadeira ( a choiva) observamos que as plantas e as árbores preotexen e reducen a erosión do solo.
3.- Tempo de degradación dos residuos
Limos en internet unha noticia impactante e puxémonos a investigar...
Para entender a naturaleza dos residuos e o impacto que teñen no medio recollemos restos orgánicos (mondas de froitas) no comedor e metémolos nunha bolsa . Tomamos tamén outra bolsa con restos de papeis, plástico, cartón, papel de aluminio ... Estiveron gardados durante 2 semanas a temperatura ambiente . Observamos como se atopaban ao cabo deste tempo.
4.-O inodoro non é un basureiro
Decidimos investigar se é certo que as toalliñas húmedas non se poden tirar ao inodoro.
Descubrimos que, así como o papel hixiénico se desfai na auga aos poucos minutos de botalo, as toalliñas permanecen inalterables ao cabo dunha semana.
5.- Depuradora caseira
Construímos un filtro empregando unha botella, grava de diferentes tamañose area . Desta maneira aprendemos como funcionan as depuradoras
6.- É a terra do noso horto ácida ou básica?
Aprendemos que hai hortalizas que medran mellor en solos ácidos e hainas que o fan mellor en solos básicos. Decidimos investigar si a terra do noso horto é ácida ou básica , e para iso empregamos o zume dunha lombarda. Mesturámolo con varios líquidos (vinagre, zume de limón, amoniaco, disolución de bicarbonato, auga osixenada ... ) e vimos como cambiaba de cor .
7.- Conservante natural
Tomamos dúas mazás do mesmo tamaño. Pelamos unha delas , metémola nun recipiente e cubrímola con sal. Estivo alí durante dúas semanas e ao sacala descubrimos que diminuira de tamaño e parecía de goma, pero estaba moi ben conservada. Deste xeito conservamos peixe, coma o bacallau, ou carne, como a de porco ...
8.- Enerxía limpa
Explicamos como se move un ventilador empregando unha pequena placa solar
9.-Diferentes densidades
Atopamos un video e unha noticia en internet sobre un fenómeno natural que fai que as augas non se mesturen, e decidimos comprobar se isto era certo.

domingo, 29 de setembro de 2019
Comezamos: Presentación do Proxecto Anual
Ao longo deste curso imos investigar e aprender sobre o Desenvolvemento Sostible.
Desenvolver a capacidade para aprender sobre o desenvolvemento sostible
Ampliar os coñecementos sobre os ODS, que inclúen non so a defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático , senón tamén a eliminación da pobreza, a educación inclusiva, a igualdade da muller ...
E nada mellor que aproveitar a motivación xenerada pola manifestación mundial do día 27 en defensa da Terra para presentar o noso proxecto, que titulamos "R que R que R"
Con el pretendemos:
Concienciar e sensibilizar as nenas e nenos ante os problemas medioambientais en temas como a enerxía, o aire, a auga, os recursos naturais, a paisaxe ...
Fomentar o interese polo coidado e mellora da contorna
Desenvolver a capacidade para aprender sobre o desenvolvemento sostible
Ampliar os coñecementos sobre os ODS, que inclúen non so a defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático , senón tamén a eliminación da pobreza, a educación inclusiva, a igualdade da muller ...
Ao longo da semana, xs nenxs reflexionaron sobre o coidado e protección do medio ambiente e realizaron cartaces sobre ecoloxía .
O venres todxs viñeron ao cole cunha camiseta verde . Xuntámonos na Biblioteca e proxectamos varias curtas sobre o medio ambiente. Cantamos a canción "Quero ser ecoloxista" de Pablo Díaz .
Saímos ao patio cos cartaces e fixemos un minuto de silencio pola Terra.
venres, 22 de marzo de 2019
Día da natureza
O 21 de marzo é o Día da Natureza .
Celebramos o Día da árbore coa visita de Xosé Santos, o garda forestal que nos acompaña sempre en todas estas faenas. Este ano, ademáis de arces e cancereixos, trouxonos unha árbore especial.
É especial porque non atoparedes ningunha outra coma ela nos arredores: só existe no Xurés e nalgunhas zonas de Portugal.
Esperemos que medre á mesma velocidade que medramos nós.
Comprometémonos a coidala e protexela para que chegue a ser unha árbore grande e fermosa.
E tamén nos comprometemos a coidar as hortalizas que cada un de nós sementou ou plantou no horto.
A ver cando podemos probar unha das nosas leitugas, cenorias, amorodos ...
martes, 19 de febreiro de 2019
Os Bolechas ElectrECOs
Os Bolechas Electrecos están a visitar moitos coles de Galicia para falar da reciclaxe de RAEE.
Ah, que non sabedes o que é iso!
Claro, vós non estivestes na nosa biblio o día 18, e por iso non o sabedes...
Son Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.
Vos que facedes cando se vos "morren" o ordenador, o teléfono ou a lavadora?
Deixádelos abandoados na rúa ou no monte? Tirádelos ao colector co resto do lixo?
Iso é o que fai moita xente, pero non é o correcto porque levan substancias perigosas que contaminan a terra, a auga e o aire.
EcoLoli ensinounos o que hai que facer con eles, porque teñen materiais moi valiosos que se poden reciclar para facer outras cousas.
Mirade o ben que o pasamos na biblio:
Ah, que non sabedes o que é iso!
Claro, vós non estivestes na nosa biblio o día 18, e por iso non o sabedes...
Son Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. Vos que facedes cando se vos "morren" o ordenador, o teléfono ou a lavadora?
Deixádelos abandoados na rúa ou no monte? Tirádelos ao colector co resto do lixo?
Iso é o que fai moita xente, pero non é o correcto porque levan substancias perigosas que contaminan a terra, a auga e o aire.
EcoLoli ensinounos o que hai que facer con eles, porque teñen materiais moi valiosos que se poden reciclar para facer outras cousas.
Mirade o ben que o pasamos na biblio:
luns, 11 de febreiro de 2019
Pilabots: Reciclar é cousa de todos
A reciclaxe de pilas ten premio!
Grazas a toda a comunidade educativa do cole logramos reunir case unha tonelada de pilas.Si, si... lestes ben ... 1000 kg de pilas que, grazas ao noso esforzo non irán a parar a ningún sitio onde contaminen o medio ambiente.
Comezamos a recollida en novembro e, coa colaboración de moita xente, logramos encher unha chea de colectores.
Despois de pesar os colectores de todos os colexios participantes farán un ranking de quilos recollidos por centro e por alumno. Desa maneira coñeceremos os centros gañadores.
Visitade a páxina da campaña picando na imaxe de embaixo
xoves, 22 de marzo de 2018
A nosa homenaxe ás árbores
O Día das árbores é especial porque celebramos a importancia e o rol vital que teñen as árbores na vida do noso planeta.
A primeira celebración foi en Suecia en 1840 e, dende aquela, todos os países do mundo se foron sumando a esta tradición.
Nós pensamos que a mellor homenaxe que lles podemos facer ás árbores e coidalas e organizar unha plantación no patio.
Para iso, que mellor que recibir aos Pepes (Pepe Santos e Pepe Conde), os nosos dous ecoloxistas preferidos?
Primeiro, un saúdo ás árbores que apadriñamos o ano pasado non ven mal...
E logo, a facer buratos e enterrar as raíces das novas árbores que nos trouxo Pepe...
Xa temos máis de 20 especies diferentes !
DiaDaArbore2018 by Slidely Photo Gallery
martes, 17 de outubro de 2017
Lumes nunca máis !
![]() |
| Efrén, voluntario, loita contra o lume. |
Eles teñen a capacidade e nós debemos darlles a oportunidade de aproveitala, sensibilizándoos sobre as consecuencias duns actos deliberadamente intencionados que puxeron en perigo as vidas e as pertenzas de moitas persoas.
A traxedia dos incendios forestais, dos perxuizos que acarrean e os problemas ambientais que orixinan, puidémolos comprobar moi de preto o pasado luns.
Comprobamos que o fume fai o aire irrespirable, pero iso só é un mal menor, se o comparamos coas perdas persoais e económicas que produciron os lumes.
Os nenos e nenas teñen que ser conscientes de que o seu futuro pasa por conservar a contorna, por protexela.
Ademáis...
![]() |
| Imaxe de Librerías Oletvm |
Este é o resultado do traballo de todas as nenas e nenos do cole en contra dos incendios forestais.
Nós tamén nos unimos ao berro de toda Galicia:
LUME, NUNCA MAIS
Coidemos o noso by Slidely Slideshow
domingo, 15 de outubro de 2017
LUME

Néboa en Ourense?
Non. É o fume que enche toda Galicia.
![]() |
| No cole, o fume non deixaba ver a paisaxe |
O corazón encóllese ao ver as noticias que nos chegan pola tele e a prensa.
A sensación de caos, o ceo de toda Galicia escurecido polo fume e sentir o cheiro a
queimado que entra polas ventás das casas pechadas a cal e canto, fai que a rabia se converta en bágoas.
A angustia convertida en documento sonoro e as lapas estendéndose coas fortes ráfagas de vento...
Concellos da montaña lucense constatan perdas "irreparables" de especies de árbores autóctonas, de animais queimados vivos e bosques cheos de vida convertidos en cinzas.
Concellos da montaña lucense constatan perdas "irreparables" de especies de árbores autóctonas, de animais queimados vivos e bosques cheos de vida convertidos en cinzas.
Hoxe Galiza chora, pero chora bágoas de cinza.

Chora Galicia
na tarde quente
na noite escura
que arde
sen máis pesare que a dor
sen máis pesare que a dor
na tarde quente
na noite escura
que arde
sen máis pesare que a dor
sen máis pesare que a dor
Chora Galicia
e non consola
triste paisaxe
negrura
loito e moito rencor
loito e moito rencor
Chora Galicia
paisaxe escura
verde esquecido
lamentos
desta terriña do amor
desta terriña do amor
paisaxe escura
verde esquecido
lamentos
desta terriña do amor
desta terriña do amor
Non consola o noso pranto
nin paramos de chorar
como fixo sempre a terra
seguiremos a loitar
seguiremos a loitar....
nin paramos de chorar
como fixo sempre a terra
seguiremos a loitar
seguiremos a loitar....
"Chove en Santiago" Luar na Lubre vs Regueifando pola vida.
xoves, 28 de setembro de 2017
Saímos na tele
Comezamos o curso amosando o resultado do paso polo cole das cámaras da TVE 2.
O pasado día 22 emitiuse o programa que o equipo do "Escarabello verde" gravou no colexio. (se picades na imaxe poderedes velo na súa totalidade)
Este capítulo, que se titula "A economía do lume", fala de todo o que se move arredor dos incendios forestais: os medios dos que dispomos para extinguilos e, o que é máis importante, a prevención para evitalos .
Nós saímos a partires do minuto 24, cando Pepe Santos, o axente forestal que non acompaña en todas as nosas aventuras medioambientais chega ao colexio para falarnos da biodiversidade e da protección que debemos darlle ao medio ambiente.

martes, 4 de xullo de 2017
O escarabello verde
"O escarabello verde" é un programa divulgativo sobre ecoloxía e medio ambiente . Inclúe reportaxes, documentais, entrevistas e tertulias sobre asuntos relacionados coa natureza.
É un dos programas máis antigos de TVE 2, leva en antena dende 1997, e é o único sobre medio ambiente que se emite nunha cadea nacional.
Bueno, pois cóntovos todo isto porque o outro día, o equipo do programa estivo gravando no colexio.
Viñeron acompañados de Xosé Santos, o noso axente forestal favorito. Coa súa axuda coñecemos algunhas particularidades da nosa contorna e aprendemos, coa axuda de mapas e brúxulas, a orientarnos no monte. Tamén prantamos un castiñeiro nas inmediacións do colexio.
Agasallounos cun anaco de árbore que, según puidemos deducir contando os seus aneis, ten a mesma idade que moitos de nós: 11 anos.
EscarabelloVerde by Slidely Photo Gallery
Xa vos informaremos sobre a data de emisión do programa, pero seguro que haberá que deixar pasar o verán e agardar a nova tempada...
El
medio ambiente no son sólo animales y paisajes. El Medio Ambiente está
íntimamente relacionado con el entorno, con las personas

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)