Ter un horto no cole é un goce para todos os sentidos, incluso para o gusto.
Por iso todos os anos propoñemos a nenas e nenos sementar ou plantar hortalizas e observar como medran para entender mellor os ciclos naturais, aos que moitas veces non prestamos atención.
Ademais, é o que facían as avoas para non ter que mercar verduras . E se lles sobraban, levábanas á feira ou ao mercado para vendelas. Comían san e ademáis sacaban uns cartiños!
Hai unhas semanas que comezamos a traballar na nosa horta: cavamos a terra e botamos esterco. Eliximos plantas de temporada: patacas, leitugas, tomates, cebolas, pementos...
Tamén temos árbores froiteiras e este ano ata puidemos probar as cereixas!🍒 As peras 🍐e as mazás🍏 quedarán para setembro...
Ningún comentario:
Publicar un comentario