sábado, 23 de decembro de 2017

O Amigo invisible

Todxs temos participado algunha vez no xogo do "Amigo Invisible".
 Aos nenxs tamén lles gusta e por iso non é a primeita vez que facemos esta actividade na Biblio.
Primeiro hai que saber a quen lle vas facer o agasallo que, por suposto,  é un libro. 
Para iso facemos un sorteo. 
Despois hai que buscar polos andeis e atopar un libro que sexa do agrado da persoa que nos tocou en sorte. Envolvémolo e, o último día antes do descanso de Nadal, os axudantes de biblioteca encárganse de repartir os agasallos polas clases. 
Así de sinxelo.!


amigoInvisible by Slidely Slideshow

martes, 19 de decembro de 2017

Desexos de Nadal

A estas alturas, todxs os cativxs andan nerviosxs e coa ilusión polas nubes pola cercanía do Nadal.
E como vivimos estas datas no cole?
Pois tratando de fomentar a solidariedade e a xenerosidade entre os nenos/as e falando abertamente sobre o problema do consumismo.
A actividade que  propuxemos foi formular os  desexos de nadal  a través dunha pequena tarxeta suxeita cunha pinza da roupa "tuneada" que colgamos nunha árbore feita con paus de carballo.
Reflexionar sobre o que temos e  o que desexamos , o que teñen e desexan os que están ao noso redor e como nos sentimos ao compartir e facer algo polos demais é unha actividade que fomenta a aprendizaxe e nos fai medrar como persoas.
                        ¡A  educación pode (e debe) cambiar o mundo!

martes, 12 de decembro de 2017

A Biblioteca recomenda ...


E,  que pensades que pode recomendar unha biblioteca?
Pois, claro! LECTURAS...

O NADAL é unha época estupenda para ler en familia. Nesas tardes frías da fin de semana, despois de adornar a árbore ou poñer o Belén, un pouco de relax á beira da cheminea é un pracer que todos podemos disfrutar...

Non sabedes que libro ler ou agasallar no Nadal?
Estes son os nosos recomendados.

Novidades para todos os gustos e idades.


Pica na imaxe da dereita e elixe o que prefiras 


E para pasar un Nadal de Cine, nada mellor que ver a carteleira , que nos ofrece novidades pensadas para toda a familia: 
Aínda que tamén na casa podemos disfrutar de películas navideñas cos nosos fillxs (en video, coa televisión á carta, con plataformas tipo Netflix). Sairán máis baratas e poderemos velas comendo os nosos flocos de millo caseiros ... 😉


mércores, 6 de decembro de 2017

Noraboa

Dende hai 34 anos, a Subdelegación do Goberno convoca o Concurso Escolar sobre a Constitución. Este ano, o concurso estaba centrado no Título VIII da Carta Magna, que se refire á organización territorial do Estado e no que se explica o papel e o funcionamento da administración local e autonómica.
 Hoxe celebrouse no Auditorio Municipal o acto de entrega de premios, e o traballo de Sofía  Vázquez Novoa, de EI 3, estivo entre os gañadores. 

PARABÉNS, SOFÍA!