sábado, 24 de marzo de 2018

O pescador de contos


Recibir na biblioteca a visita  do grande ANXO MOURE é sempre un pracer.

Chegou arrastrando o seu batuxo, convidounos a subir á súa barca e ensinounos a pescar contos de xacias e homes-peixe, de troitas e lampreas; contos que fuxen da contaminación dos ríos .

 E que fixemos con eles?

 Pois... cociñalos para que alimenten a nosa imaxinación e para que poidan volver nadar nos ríos e nas lagoas e bañarse nas fervenzas.

xoves, 22 de marzo de 2018

A nosa homenaxe ás árbores


O Día das árbores é especial porque celebramos a importancia e o rol vital que teñen as árbores na vida do noso planeta.
A primeira celebración foi en Suecia en 1840 e, dende aquela, todos os países do mundo se foron sumando a esta tradición.

Nós pensamos que a mellor homenaxe que lles podemos facer ás árbores e coidalas e organizar unha plantación no patio.
Para iso, que mellor que recibir aos Pepes (Pepe Santos e Pepe Conde), os nosos dous ecoloxistas preferidos?

Primeiro, un saúdo  ás árbores que apadriñamos o ano pasado non ven mal...

 E logo, a facer buratos e enterrar as raíces das novas árbores que nos trouxo Pepe...
  Xa temos máis de 20 especies diferentes !


DiaDaArbore2018 by Slidely Photo Gallery

mércores, 21 de marzo de 2018

A poesía é necesaria

O 21 de marzo é o día escollido pola UNESCO para celebrar o Día da Poesía. 
Trátase de poñer en valor esta arte e  recordar que non é un luxo , que simboliza a creatividade humana. 
Tamén se busca promover o ensino da poesía e fomentar os recitais poéticos,  así como render homenaxe a todas as persoas que loitan cada día para crear un mundo mellor usando só as palabras como ferramenta.
O 21 de marzo a poesía debe ter quen a recorde, quen a escoite e quen a escriba.

Por iso os rapaces recitaron poemas elixidos por eles ou compostos na clase e demostraron que a poesía é coma un aire fresco, osíxeno para o espiritu.

  

xoves, 15 de marzo de 2018

Mulleres de cine

Seguro que se vos preguntamos nomes de directores, guionistas ou productores de cine, poderiades citar uns cantos.
 Pero, cantas cineastas poderiades nomear? Aposto a que un número moito máis pequeno.
¿Por que sucede isto, se as mulleres levan formando parte da creación cinematográfica dende os inicios do cinema, compartindo e descubrindo técnicas , experimentando e producindo? 
Parece ser que a direción no cinema non é diferente do resto das profesións: o acceso a postos de poder e decisión segue estando vetado ás mulleres. Porque nos últimos dez anos, so o 7% das películas realizadas en España foron dirixidas por mulleres. So o 15% partiron dun guión escrito por unha muller. E so o 21% foron producidas por unha muller.
E seguindo cos datos, o 84% das axudas públicas foron destinadas a filmes dirixidos por homes, aínda que os filmes cunha directora chegan aos festivais un 10% máis e gañan premios un 6% máis que os realizados por homes.

Nós quixemos poñer en valor o traballo das mulleres no cine, dende as pioneiras ata a actualidade, investigando sobre a súa vida e os seus logros:


Despois, fixemos unha posta en común e contámoslles aos compañeiros o que pescudamos sobre cada unha delas:




MulleresDecine by Slidely Slideshow

mércores, 14 de marzo de 2018

É xusto?

De xeración en xeración as persoas fan seus os elementos culturais e sociais que garanten a súa integración na sociedade. 
Este proceso non debe ser distinto para as nenas e os nenos; non se deben asignar roles diferentes segundo o sexo nen poñer etiquetas que os impulsen a realizar tarefas ou a ter comportamentos distintos polo feito de pertencer a un ou a outro sexo. Estes estereotipos determinan os plans de vida a nivel profesional, sentimental, económico ...
Estas desigualdades non son beneficiosas para ninguén e manteñen unha situación inxusta, que frea o desenvolvemento da sociedade.

Que credes que opinan os nenos e nenas sobre o pago desigual entre homes e mulleres ?
Levamos a cabo un pequeno "experimento"  que nos axudou a  reflexionar  sobre este tema.
Fixemos grupos de idades similares e grabamos o proceso.
Este foi o resultado:

Educación Infantil 



 Primeiro e segundo de EP

 Terceiro e cuarto de EP

Quinto e sexto de EP
Por problemas técnicos non temos o video da actividade, pero sí o de outra das actividades que levamos a cabo: un acertixo que anda polas redes sociais e que eles resolveron á primeira:


venres, 9 de marzo de 2018

Mulleres tiñan que ser!

"Brindemos polas tolas, polas inadaptadas
polas rebeldes, polas alborotadoras,
polas que non encaixan,
polas que ven as cousas dunha maneira diferente.
Non lles gustan as regras e non respectan o status-quo.
Podes citalas, non estar de acordo con elas,
glorificalas ou vilipendialas.
Pero o que non podes facer es ignoralas.
Porque cambian as cousas.
Empuxan cara adiante a raza humana.
Mentres alguns as ven coma loucas,
nos  vemos o xenio.
Porque as mulleres que se cren tan loucas
como para pensar que poden cambiar o mundo 

son as que o fan."
Jack Kerouac


Por iso, milleiros e milleiros de mulleres (e homes) de todas as idades recorreron as rúas de Ourense, e encheron vilas e cidades de toda  Galicia e de toda España : porque desexan  cambiar o mundo. Porque desexan que desaparezan as diferenzas que aínda hoxe, 
no século XXI seguen existindo entre homes e mulleres. 
Diferenzas de oportunidades , diferenzas de salario
diferenzas no reparto das tarefas do fogar,
 trabas para conciliar a vida familiar e laboral ...
E podemos dicir que 
AS MULLERES FIXERON HISTORIA este 8 de marzo,  
porque sen as mulleres o mundo non funcionaría.